Activity

[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023)

Download

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023) Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023) Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023)

Author

Trail stats

Distance
5.86 mi
Elevation gain
1,467 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,467 ft
Max elevation
5,835 ft
TrailRank 
54
Min elevation
5,113 ft
Trail type
Loop
Time
22 hours 9 minutes
Coordinates
1786
Uploaded
August 14, 2023
Recorded
August 2023

near Balouta, Castilla y León (España)

Viewed 85 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023) Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023) Photo of[Ancares] Ruta de Porto de Ancares ó Pico Dos Hermanitos durmindo no Refuxio do Cuiña (Perseidas 2023)

Itinerary description

Nesta ocasión poderíase decir que a ruta non era o obxectivo principal. A nosa intención desde o principio, foi ter unha noite de Perseidas e Vía Láctea. A ruta plantexouse como un complemento; pero sin restarlle mérito nin moito menos. Quixera agradecer a “ Montaña y Corazón” en Wikiloc toda a información que facilitou nun dos seus tracks e que nos foi moi útil na parte que non coñecíamos; desde o Pozo Ferreira ata a cima do Dos Hermanitos (Campanario).

Comenzamos a ruta desde o Porto de Ancares collendo o sendeiro ata ó Refuxio Alto do Porto. Tras cruzar a campa na que se atopa, iniciamos a subida hacia Pena Venera por un sendeiro que cruza algún que outro canchal. O camiño non sube á cima senón que vai bordeando o pico. Tras pasar Pena Venera hai que facer unha pausa obrigatoria para contemplar o circo glaciar que forman o Dos Hermanitos, o Cuiña, o Brañutín e o propio Pena Venera. Ás vistas sobre o val son un espectáculo por moitas veces que se vexan. Un pouco mais adiante, antes de iniciar a subida ó Brañutín, collemos un sendeiro que se desvía a man esquerda e baixa pola ladeira. O sendeiro percíbese ben e pronto empeza a estar marcado con hitos. Tras subir polo Canal de Cabana, seguindo os hitos chegamos ó noso primeiro destino: O Refuxio do Cuiña. Son 3 km escasos desde o Porto de Ancares.

Quedaban duas horas para a posta de sol e comenzamos os preparativos para cear e pasar a noite. Alí encontramos a Miguel, un sendeirista de Pontevedra, co que compartimos o refuxio esa noite. Unha aperta grande; foi un pracer disfrutar esta experiencia contigo. Encántanos de sempre o Refuxio do Cuiña. Xa noutra ocasión nos tiveramos que acoller nel cando nos sorprendeu unha tormenta nos arredores. É pequeniño, coqueto e consérvase en moi bo estado. Ademáis está situado nun entorno que para min é máxico…no circo glaciar, rodeado de montañas e co Dos Hermanitos xusto enfrente. A luz foi caindo; xa sólo quedaban iluminadas diante de nos as cimas do Dos Hermanitos e ó lonxe o Miravalles. O momento é de fantasía…un silencio máxico sólo acompañado de cando en vez polas pegadas das abundantes manadas de cabras e rebecos que nos acompañaron durante toda a nosa estancia. Pouco a pouco foron asomando as estrelas e collemos os sacos para tumbarnos no exterior e disfrutar do espectáculo. E vaia espectáculo! inesquecible! Pronto empezaron as primeiras Perseidas a voar por riba de nos. Nun ceo inmenso plagado de estrelas, con ese silencio, a sensación é indescriptible. É dunha paz e beleza extraordinarios. Non podía faltar a Vía Láctea, que pouco a pouco se foi situando por riba da cima do Cuiña. Tras mais de tres horas de disfrute entramos no refuxio para tratar de dormir unhas horiñas e esperar por outro momento importante…o amencer.

Ás sete levantámonos. Xa clarexaba e preparámonos para ver a saída do sol. Un pequeno puntiño bermello asomando no horizonte. En poucos minutos a calma convertíuse nunha explosión de luz e cor que encheu de lírica todo o espazo que nos rodeaba. Os tonos bermellos, ocres e amarelos convertiron o circo glaciar do Cuiña nunha paisaxe máxica que nos deixou maravillados. Igual que nos, grandes grupos de rebecos e cabras contemplaban en calma o amencer subidos ás rochas.

Todavía asimilando a beleza do momento, preparamos un café e dispuxémonos a continuar a ruta ata o Dos Hermanitos. Deixamos todo o equipo no refuxio e levamos con nos solo o imprescindible. Dirixímonos hacia a Lagoa do Cuiña por un sendeiro que se percibe perfectamente e que ademais está marcado con algún hito. Camiñando en paralelo ó cordal chegamos á lagoa. De ésta sae o sendeiro hacia a corda entre o Cuiña e o Dos Hermanitos. Pasamos baixo un gran cortado da vertente de Penas Apañadas. O sendeiro é estreito e pola esquerda cae con gran pendente hacia a cabeceira do Val de Ancares. Pouco despois de pasar un canchal alcanzamos a corda nun pequeno collado entre Penas Apañadas e Dos Hermanitos. Desde aquí as vistas son excelsas; a un lado o Val de Ancares e ó outro o de Burbia. Despois de camiñar un pouco pola corda chegou a gran dúbida: continuar pola cresta ou deixarse caer un pouco pola ladeira á dereita hacia o Val de Burbia. Optamos pola segunda opción polo respeto que nos daba a cresta e a pesar das recomendacións de “Montaña y Corazón”. Foi un erro! Non pola dificultade senón porque o camiño pola cresta que fixemos ó volver encantounos. Ainda así, o desvío en baixada pola ladeira hai que facelo con cuidado pola gran cantidade de pedra solta e a forte pendente en caída. Pouco a pouco volvemos a subir ata a cresta e unha vez alí démonos conta de que deixaramos atrás un dos puntos de interese no que queríamos parar: o Corno do Campanario co Horcado Perdido por debaixo de él. Tocou retroceder pola cresta un anaquiño ata chegar a eles. Mereceu a pena porque o lugar é impresionante…tanto a formación rochosa do Corno do Campanario como a caída vertical que ten o Horcado Perdido hacia a Hoya de Ancares. Continuamos de novo xa pola cresta hacia o Hermanito Menor sen problemas. A cima de éste é un gran canchal. Desde alí continuamos ata o Hermanito Mayor sen ningunha dificultade. Despois de contemplar as fantásticas vistas de 360 graos iniciamos o camiño de regreso. Agora sí, fixémoslle caso a “Montaña y Corazón” e voltamos por toda a cresta ata o punto no que dubidamos na ida. Pagou a pena cruzar todo ese cresterío. Un camiño marcado por hitos, entretido, abrupto, aéreo por momentos e donde nalgúnha situación hai que utilizar as mans para asegurar o paso ou para facer pequenas trepadas e destrepadas. Deixamos a corda e continuamos polo mesmo camiño da ida hacia a Lagoa do Cuiña. Alí tocou parada e baño. Ainda non sabíamos a lenda que nos contaron logo na Cantina Mustallar de Piornedo: dous bois que entraron nela foron tragados por un remuíño que se formou no seu centro e nunca se volveu a saber deles. Desde a lagoa voltamos o refuxio pero neste caso baixando ata as lagoas glaciares inferiores e seguindo un sendeiro sen dificultade. Recuperamos o noso equipamento no refuxio e despois de repor forzas cunhos bocadillos continuamos ata o Porto de Ancares polo mesmo camiño que na ida.

Foi unha experiencia única. A suma das Perseidas, a Vía Láctea, o Refuxio do Cuiña, o amencer e a propia ruta ata o Dos Hermanitos convertiuse en algo inesquecible. Tanto foi así que un día despois repetimos a durmida no refuxio aproveitando o momento de máxima presencia de estrelas fugaces no ceo.

IMPORTANTE:

- A dificultade califiqueina como moderada polo paso da cresta. Ten zonas algo aéreas que poden supor un problema para xente con vértigo. Por outra parte nese tramo hai moita pedra solta que obriga a camiñar con cuidado e zonas donde se hai que axudar coas mans para subir ou baixar.
- Para este tipo de experiencia no Refuxio do Cuiña hai que ter en conta as provisións de auga. Ou cargar con auga suficiente, o que implica un peso considerable ou levar algún sistema de potabilización. Nesta época arredor do refuxio prácticamente non hai auga; apenas algún pequeno charco. Se queres levar pouca auga queda a opción de collela na lagoa e potabilizala.

(Distancia e desnivel + en Garmin GPSMAP 67: 9,71 km / 582 m)

Waypoints

PictographLake Altitude 5,643 ft
Photo ofLagoa Ferreira Photo ofLagoa Ferreira

Lagoa Ferreira

PictographWaypoint Altitude 5,623 ft
Photo ofHorcado Perdido - Cuerno del Campanario Photo ofHorcado Perdido - Cuerno del Campanario Photo ofHorcado Perdido - Cuerno del Campanario

Horcado Perdido - Cuerno del Campanario

PictographSummit Altitude 5,813 ft
Photo ofPico Hermanito Menor Photo ofPico Hermanito Menor Photo ofPico Hermanito Menor

Pico Hermanito Menor

PictographSummit Altitude 5,826 ft
Photo ofPico Hermanito Mayor Photo ofPico Hermanito Mayor Photo ofPico Hermanito Mayor

Pico Hermanito Mayor

PictographWaypoint Altitude 5,511 ft

Lagoas glaciares inferiores

PictographMountain pass Altitude 5,449 ft

Porto de Ancares

PictographMountain hut Altitude 5,298 ft

Refuxio Alto do Porto

PictographSummit Altitude 5,493 ft
Photo ofPena Venera Photo ofPena Venera

Pena Venera

PictographWaypoint Altitude 5,508 ft

Desvío

PictographWaypoint Altitude 5,369 ft
Photo ofCanal de Cabana

Canal de Cabana

PictographMountain hut Altitude 5,481 ft
Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña Photo ofRefuxio do Cuiña

Refuxio do Cuiña

Comments  (2)

  • Photo of Montaña y Corazón
    Montaña y Corazón Aug 16, 2023

    Enhorabuena por la ruta y las fantásticas fotos. Una noche ahí debe ser mágica. Gracias por el cumplido. Felices rutas.

  • Photo of OSCAR AF
    OSCAR AF Aug 16, 2023

    Gracias a ti..un placer seguir tus tracks 😉🙌

You can or this trail