Activity

26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar

Download

Trail photos

Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar

Author

Trail stats

Distance
10.83 mi
Elevation gain
1,444 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,614 ft
Max elevation
1,185 ft
TrailRank 
41
Min elevation
23 ft
Trail type
One Way
Time
2 hours 39 minutes
Coordinates
480
Uploaded
November 27, 2018
Recorded
November 2018
Be the first to clap
Share

near Couso, Galicia (España)

Viewed 1820 times, downloaded 31 times

Trail photos

Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar Photo of26. Camiño da Nosa Señora do Norte ao seu paso por Gondomar

Itinerary description

O Camiño da Nosa Señora do Norte, sepárase do central de peregrinación en Barcelos -Portugal- e logo de pasar polos municipios de Viana do Castelo, Camiña e Vila Nova de Cerveira entra en Galicia por Goián, e a continuación tira cara a Tebra e logo sobe por Cima de Vila para entrar no municipio de Gondomar pola Portela de Couso.

Xa en Gondomar o percorrido aasa pola capela dos Remedios e dende aí segue baixando ao pé da Forca de Lobos ata A Feira da Doce, na Estrada. Bordeando o Pazo do Conde de Gondomar continúa por Pousada ata aproximarse á parroquial de Mañufe e logo vai ao barrio da Ponte para atravesar o Río Miñor. Segue polo Cruceiro do Acordo, pasa pola Pousa de Fontán e xa entra na parroquia de Vilaza polo Cruceiro do Portelo. Continúa por diante do Pazo de Pampillón e chega á Areiña, lugar a partir do cal coincide coa estrada real de Baiona ao Porriño ata O Tumbio, en Vincios.
A continuación polo barrio da Rocha chega ao Muíño Gaiteiro e dende alí, por detrás da Pasaxe, entra no actual concello de Vigo por Valadares.

O camiño continúa polas Furnas e a zona alta da igrexa de Castrelos para cruzar a Gran Vía e por Romil, a Falperra e Afonso XII, chegar á Colexiata. Dende aquí segue polo Areal ata a vila de Redondela onde volve enlazar co camiño central a Compostela.

A ruta que propoñemos coincide co trazado completo da vía ao paso por Gondomar. Atoparemos varios puntos de abastecemento.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 991 ft
Photo ofO Padrón. A Portela.

O Padrón. A Portela.

No antigo e, en tempos, importante camiño procedente de Malvas e Pexegueiro, polo que chegaba ao Alto do Padrón unha variante do da Nosa Señora do Norte dende Taborda, a pouca distancia do topónimo A Cruz das Ánimas do Padrón onde á forza debeu existir un monumento de conmemoración do purgatorio, mantense un marco granítico correspondente ao Antigo Réxime no que entre outros gravados conserva un P na cara Norte, representación de quen exerceu xurisdición sobre a parroquia de Couso ata 1836: Pexegueiro. Este marco recólleo o Catastro de Ensenada (1753). A Portela. É o lugar polo que entra ao Val de Miñor o medieval camiño comercial proveniente do actual Baixo Miño, que na súa continuidade portuguesa constitúe o que motiva esta ruta. Tras cruzar Cima de Vila alcanza O Alto do Padrón e, poucos metros despois, bifúrcase: un sobe cara á Chan do Outeiro; o outro, na actualidade parcialmente intransitable, dirixíase á Presiña, onde volve atoparse co primeiro que é o que nós eliximos como principal.

PictographWaypoint Altitude 1,135 ft
Photo ofPetróglifos da Regueira dos Barreiros

Petróglifos da Regueira dos Barreiros

Foron descubertos en data recente por membros do IEM, fragmentos de cerámica romana incrustados nun corte do terreo motivado por unha ampliación do camiño. Estes achados poderían ser indicio dalgún xacemento inexplorado.

PictographReligious site Altitude 909 ft
Photo ofCruceiro e capela dos Remedios

Cruceiro e capela dos Remedios

O Cruceiro é unha peza completa en canto a partes constituíntes coa cruz figurada por anverso e reverso. No anverso presenta a Cristo con tres cravos, as mans practicamente pechadas e o pé dereito sobre o esquerdo. A cabeza está xirada para a súa dereita e inclinada sobre o peito; nesta, cingue coroa de espiñas. O pano anóase sobre a cadeira dereita. Na cabeceira do pau vertical ten unha lenda coa inscrición INRI. No reverso a Virxe das Angustias apoia a man dereita sobre o corazón ferido por unha daga metálica, única representación en todo o concello. Nos días de festa inda segue a ser punto de xiro para as procesións. A Capela dos Remedios, de planta rectangular con ábsida da mesma xeometría e menor altura. De estilo claramente barroco aínda que reconstruíndoa sobre outra anterior segundo indica a lenda da portada principal: REEDIFICOSE ESTA OBRA SIENDO CURA DN JPH DURAN AÑO 1768

PictographWaypoint Altitude 909 ft

Fonte e cruceiro da Santa

Ao lado desta fonte cargada de lendas sobre a aparición da Virxe dos Remedios, camiño por medio, existía un pequeno recinto cercado por murete coñecido como o Adro da Santa e tamén como O Calvario. Nel asentouse dende antigo o cruceiro máis monumental da parroquia, de aí o topónimo, ata que foi trasladado nos anos trinta do XX ao recinto de festas da capela. Máis preto no tempo, en 2001, foi substituído polo actual para, segundo contan, evitar as persistentes chuvias no día da festa dende o citado traslado. Hoxe o ámbito presenta unha imaxe infame. A fonte tamén é coñecida como A Fontiña.

PictographWaypoint Altitude 1,027 ft
Photo ofDo Lugar ás Casas do Monte

Do Lugar ás Casas do Monte

Á altura das Presas do Regueiro, no Lugar dos Remedios, introdúcese o camiño no monte, unhas terras que quizais anos atrás foron parcialmente de cultivo. Hoxe o camiño está transformado radicalmente, só se mantén algún pequeno fragmento entre muros de cachotaría. Non atoparemos máis edificacións ata chegar ás Casas do Monte, en Gondomar, onde apenas quedan restos hoxe moi transformados, das seis que a aldea reunía nas décadas centrais do XX; cinco emprazábanse á dereita do camiño segundo baixamos, unha ao lado contrario. Todas dispoñían de campos de labranza nos que o principal cultivo era o millo regado polas augas que lles chegaba das presas da Forca de Lobos e a existente no Curral Vello.

PictographWaypoint Altitude 719 ft

A Forca de Lobos.

Topónimo que pode ter relación co emprazamento da antiga forca de castigo da xurisdición.

PictographWaypoint Altitude 312 ft
Photo ofA Feira da Doce.

A Feira da Doce.

Os primeiros datos da celebración desta feira danos os historiadores e a sitúan na segunda metade do século XIII. O topónimo conservado, Feira da Doce, indícanos o día de celebración mensual, polo menos na súa última etapa. Hoxe o antigo recinto preséntase borroso e perdeu case todos os trazos identificativos. Só unha cruz sobre os muros do que a tradición popular di foi unha das casas das que en tempos deu fronte ao recinto e os restos dun peto de ánimas diante dunha edificación á que os veciños atribúen funcións públicas durante un tempo son vestixios da axuda e protección que como tantas veces os feirantes crentes buscaban no máis alá. Esta feira a partir do XIX pasa á praza da Paradela, na vila, e posteriormente ao recinto de Secas ata que desaparece. Neste lugar é onde se funde o camiño real de Tui a Baiona con este comercial que chegaba dende Tebra e as antigas terras de Riba de Miño, fragmento do medieval proveniente de Portugal; uns centos de metros despois os devanditos camiños vólvense separar.

PictographCastle Altitude 207 ft
Photo ofPazo do Conde de Gondomar

Pazo do Conde de Gondomar

Non hai certeza sobre a súa orixe aínda que o máis probable é que proceda da segunda metade do século XVI, cando García Sarmiento de Soutomaior constrúe a parte central porticada. O conxunto conservado, a cabalo entre unha edificación señorial e unha fortificación militar, ten tres alturas na parte principal e unha configuración en planta en forma de U que coa colaboración dun muro de contención coroado de ameas forma un patio de armas na cara sur. Ante a norte, sometida a notables reformas no XIX, en tempos do X Conde, entre as que se debe citar a gran escaleira pétrea, o corredor sobre columnata, a apertura de portas-ventá con balcón e as galerías porticadas ao patio, situadas a cada lado do corpo central, esténdese un xardín de notable interese. Estas melloras inclúen diversas portas fortificadas, escudos e garitas de vixilancia.

PictographWaypoint Altitude 69 ft
Photo ofNúcleo monumental de Moreira.

Núcleo monumental de Moreira.

Pode entenderse como tal o formado pola igrexa, adro, viacrucis, torreiro, arboredo, palco da música, cruceiro, e pazo de Mendoza. Igrexa. Foi a consecuencia das profundas obras de reforma e mellora efectuadas en 1722 que probablemente se introduce o cruceiro, coa incorporación das naves laterais, e, algo despois, constrúese a actual capela maior ao tempo que se dota a obra do unitario estilo barroco que actualmente a caracteriza, converténdose no principal exemplo relixioso deste movemento arquitectónico no municipio. Algo máis tarde introdúcese no cuadrante sueste outro cubículo para localización da sancristía. Exteriormente a ábsida presenta maior altura que o resto das naves e gran traballo de cantería, sobre todo nos capiteis compostos das pilastras de esquina e nunha curiosa ventá do vento norte. Similar pericia presentan os traballos da fachada occidental rematada en torre-campanario pechada por cupulín. Conta a tradición que, de tan satisfeito tras ver o seu traballo, o mestre canteiro desta, de orixe portuguesa para máis sinais, quixo deixar constancia de si e autorretratouse coroando o citado cupulín mentres sostén unha cruz que serviu de base a un cataventos. Interiormente, os teitos están resoltos a base de bóvedas. Baixo o arco triunfal conserva dous púlpitos, un a cada lado, coroados por respectivos tornavoces decorados. Ademais, o templo acubilla excelente imaxinaría do XVII ou XVIII como, por exemplo, un Cristo Resucitado e un san Vicente. O adro, valado por unha celosía pétrea, está parcialmente pavimentado coas tapas graníticas das tumbas do antigo cemiterio e conserva distintas estacións do viacrucis. No ante-adro sitúase o campo da festa ou torreiro. Conserva un palco de música, o cruceiro da Fe e parte do antigo arboredo que sombreaba o recinto. O palco, sufragado polo indiano local Leopoldo Pérez Alonso, foi construído en fábrica de granito e fundición de ferro en 1922. O cruceiro, que posúe todas as partes integrantes dos máis completos, posiblemente sexa o de maior altura física do municipio. Estilisticamente presenta dúas partes diferenciadas: a cruz e o resto; o que leva a pensar que foi executado por mans distintas. A media altura do varal, tallada na mesma peza granítica, presenta unha figura de muller cos ollos vendados e senllos obxectos en ambas as dúas mans: un cáliz na dereita e un libro na esquerda. Esta imaxe, ben traballada e proporcionada, interprétase como unha representación da fe. Aínda que debido á alta erosión que presenta a lenda existente no pedestal non é doado transcribila sen a axuda dunha tecnoloxía que non posuímos, ao amparo das características estilísticas entendemos que non debe ser anterior a 1700. Pazo de Mendoza. Foi fundado na segunda metade do século XVIII por Policarpo de Mendoza, deán da catedral de Santiago dende 1751, onde está enterrado, e cabaleiro da Orde de Carlos III. O nome actual, "Pazo da Escola", é consecuencia do uso ao que estivo sometida unha das súas partes a principios do XX, que mantido no tempo agora designa o conxunto dedicado a hospedaxe e hostalaría. É un edificio en forma de U, cunha á pouco desenvolvida, de traza barroca, que posúe ampla solaina porticada sobre soportal pétreo e gran lareira con forno e cambota rematada nunha das chemineas máis monumentais do Val de Miñor. Na fachada leste conserva un brasón coas armas do fundador. Co obxecto de adecualo aos usos citados, foi sometido a obras de rehabilitación a finais do XX.

PictographBridge Altitude 23 ft
Photo ofA Ponte.

A Ponte.

Foi levantada en 1140, segundo inscrición existente nun dos perpiaños dun chantón, e posiblemente parcialmente reconstruída con posterioridade. A primeira, segundo recolle a publicación "As pontes históricas de Galicia" asinada por tres enxeñeiros de camiños, puido ocupar o lugar doutra anterior de orixe romana. Esta tese tamén a defende a profesora Ferreira. É a máis antiga das conservadas no Val de Miñor. A obra ten unha lonxitude total de 42 m. e un ancho de plataforma de 3,20 m., salvando o río Miñor mediante tres bóvedas de medio punto e, segundo parece, dous ocos alintelados hoxe tapados. Como é habitual en toda ponte medieval, presenta perfil en lombo de asno, neste caso algo modificado por algunha intervención posiblemente da Idade Moderna, e na fábrica aparecen numerosas marcas de canteiro. Augas arriba, presenta tallamares en mal estado e algún antigo peitoril incrustado na fábrica. Sobre esta ponte, pasa o Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago despois de separarse do central en Barcelos, ao que volve en Redondela.

PictographWaypoint Altitude 23 ft
Photo ofCruceiro do Acordo

Cruceiro do Acordo

Non se sabe con seguridade en que tempo xurdiu neste lugar o primeiro cruceiro. Pola contra, si sabemos da antigüidade, importancia e xerarquía dos camiños que forman a encrucillada na que se empraza -desvirtuada dende o último terzo do século XIX con motivo da apertura da estrada A Ramallosa/Gondomar/Guillarei-. Son dos máis importantes e antigos do Val de Miñor. O monumento consta de cruceiro completo e peto de ánimas. Este sábese que non pode ser anterior ao século XVII cando, tras o Concilio de Trento, aparecen os primeiros. O cruceiro podería ter unha orixe anterior apuntando algúns indicios conservados no Arquivo Histórico de Baiona ao século XVI. Da obra actual só parte das bancadas e o peto son orixinais; o resto foi reconstruído en varias ocasións. En todas as reconstrucións se mantivo a representación do pecado orixinal mediante a presenza da serpe adherida ao varal. Este é un lugar simbólico para o Val, pois dende o século XVI ata o XVIII ao pé do cruceiro tomaba acordos e celebrou as súas sesións a ceo aberto o Partido de Val de Miñor, iniciadas cada primeiro de Xaneiro á saída de misa da parroquial de Mañufe coa elección do Procurador Xeral do Val.

PictographWaypoint Altitude 138 ft
Photo ofPousa de Fontán.

Pousa de Fontán.

As súas terras confinantes ao río Miñor eran atravesadas de nacente a solpor pola Levada do Bravo e moito despois, na segunda metade do XIX, cortadas pola estrada de A Ramallosa-Gondomar-Guillarei. A casa, que pertenceu aos condes de San Román, foi cabeza do morgado fundado en 1571 polo escribán de Baiona D. Gregorio Calzado e a súa muller D.ª Inés Fernández de Castro, neta de D. Álvaro García, meiriño do Val de Miñor e tamén escribán da vila real a principios do XVI. Este morgado era de vínculo feminino, algo pouco usual. A casa debido á gran cantidade de reformas, aínda estando en ruínas presenta imaxe de casona de labranza e conserva diversos escudos de armas coas insignias de Cástroos, Acuña, Arines, Soutomaior e outros.

PictographWaypoint Altitude 36 ft

Variante pola Paradela

Entra dentro do posible que a través do camiño da Fonte da Vella e servíndose das pontes Entrerríos e de Rosas, posteriores á de Mañufe, existise unha variante tardía que comunicase Pousada coa parte alta das Gaiandas. A distancia é medio quilómetro máis curta.

PictographWaypoint Altitude 157 ft

O Portelo de Vilaza

Foi unha encrucillada de catro camiños que sofre transformación no primeiro terzo do século XX coa apertura da estrada que comunicou o lugar de Feira de Secas, en Gondomar, coa Areíña, en Vilaza. O cruceiro, que pasou topónimo ao lugar, en realidade debeu ser unha cruz alta xa que os únicos vestixios lembrados son os do pedestal asentado directamente no chan, sen plataforma.

PictographWaypoint Altitude 272 ft
Photo ofPazo de Pampillón Photo ofPazo de Pampillón

Pazo de Pampillón

Con motivo da guerra de Restauración as tropas portuguesas realizan unha incursión de castigo no Val de Miñor, en 1665, dende a cabeza de ponte que constituíran en Goián ao construír o castelo da Nosa Señora da Concepción. Chegan a Gondomar, onde queiman as casas e producen diversos estragos no pazo do conde, e plantan lume a este de Pampillón malográndose parte da documentación da casa. Aínda así, é sabido que na segunda metade do XVII era o seu propietario o capitán D. Tomás de Arines Troncoso y Soutomaior casado con D.ª Antonia de la Higuera Arce y Manrique. Foi cabeza de morgado. As dependencias principais da vivenda máis as edificacións adxectivas da á norte, a única dunha altura, conforman unha tipoloxía edificadora con aspecto de mosteiro que se desenvolve ao redor dun patio de respecto ao que se chega dende o camiño empedrado atravesando o portalón principal de acceso. Sobre o lintel deste un enorme escudo coas armas dos Arines, Castro, Soutomaior, Acuña, de la Higuera, Ceta e outros, enlazados coa vieira dos Cabaleiros de Santiago.

PictographWaypoint Altitude 131 ft

Variante por Santa María

É unha posibilidade de pouco cuestionamento se damos crédito ao trazado dos camiños medievais que a profesora Ferreira asigna á contorna. Enlazaría os lugares do Portelo co vértice nordés dos eidos de Pampillón dirección á Areiña.

PictographWaypoint Altitude 430 ft

A Areíña

Neste lugar o camiño da Nosa Señora do Norte únese coa antiga Estrada Real ao Porriño. Esta, vindo de Baiona, e tras separarse en Viso de Calvos do que pasando por Gondomar sobe a San Antoniño para baixar en dirección a Tui, atravesa o río Miñor mediante a ponte da Ramallosa, sobe pola Cabreira ata a encrucillada da Manadela, segue pola Estrada, A Xesteira e Os Concellos no Monte de Eiró, lugar no que a autoestrada comeu un tramo de camiño, ata chegar á Areiña onde se atopa co camiño da Nosa Señora do Norte para seguir xuntos por Pego Negro e Castro Mendes ata O Tumbio, punto no que de novo se escinden. A partir de aquí a Estrada Real sobe polos Arcos e Brandufe, onde existiu un dos conxuntos vernáculos máis atractivos e importantes da parroquia, pouco queda, en dirección ao barrio da Fraga, pasando por Santa Lucía, para logo seguir por Soanes ao Porriño. Despois dos Arcos aínda se conserva o topónimo A Calzada.

PictographWaypoint Altitude 407 ft

Subida ao Montecastelo.

A parte máis alta do Montecastelo coñécese como A Sidá se ben o punto de maior interese arqueolóxico a día de hoxe se concentra no chamado Coto dos Mouros. Ese foi o lugar no que se asentou o medieval castelo rochedo de Santa Helena, cuxas pezas de arranque deixaron marcas en forma de desbaste e perforacións na rocha natural. O lugar ofrece unhas espléndidas vistas de case 360º sobre o Val de Miñor.

PictographWaypoint Altitude 643 ft

Petróglifos dos Pociños

Están algo apartados do percorrido, na marxe esquerda do camiño de subida ao Montecastelo, próximos á primeira encrucillada que aparece unha vez cruzada a ponte sobre a autoestrada. Existen dous paneis situados a pouca distancia sobre senllos afloramentos rochosos. O primeiro está composto a base de coviñas, signos cruciformes e liñas diversas que se suman a un reticulado ortogonal. O segundo tamén posúe un reticulado similar ao anterior, de sucos máis ou menos visibles, que neste caso se superpón a outro gravado formado por liñas, círculos e coviñas moi erosionado e posiblemente anterior.

PictographWaypoint Altitude 322 ft
Photo ofPazo do Barreiro.

Pazo do Barreiro.

Tamén se aparta un chisco da ruta. Aínda que se publicou que a súa fundación podía proceder de finais do XVII ou principios do XVIII, parece ser que foi o clérigo D. Francisco de Arines Troncoso Bugarín, nacido en 1728, quen o construíu. Sobre el instituíu un morgado D. Remigio Ramón de Arines, señor do Pazo de Pampillón e irmán de D. Francisco. Hoxe, despois de ser fragmentada a propiedade polos descendentes directos do fundador, pasou a outras mans e está en proceso de rehabilitación. É un edificio con planta en forma de L transformado polos moitos engadidos e reformas. Na parte interior do L, a nordés, dentro do patio de respecto, emprázase o principal patín. Ao sueste a solaina sobre ménsulas, actualmente reforzadas con columnas. Nunha esquina do patio, próxima á portada principal e con acceso dende o patio e dende o camiño exterior, sitúase a capela, fundada en 1752 baixo a advocación de San Lois e San Xosé. O Pazo, que posúe diversas edificacións adxectivas, ocupa a parte máis alta dunha gran superficie de terreo en socalcos e mantén unhas composicións nos alzados moi propias do barroco, con zócolos, esquinais, recercados de ocos, cornixas e columnas resoltas en granito visto sendo o resto panos cegos encalados.A casa conserva dous brasóns coas armas dos Arines, Troncoso, Ceta, Soutomaior, Acuña e outros.

PictographWaypoint Altitude 607 ft

Petróglifos de Castro Mendes

Aínda que os arqueólogos admiten como frecuentado ou ocupado o lugar no pasado entenden que non foi un castro. Nunha parte baixa do lugar existen varios petróglifos distintos entre os que destaca unha retícula ortogonal que Xavier Groba entende como procedente de entre os séculos I e III da nosa era. Este autor relaciónao dalgún xeito co xogo de estratexia coñecido en Roma como "ludus latrunculorum". Relacionados con este e na parte máis alta da estación existen outros gravados de datación prehistórica.

PictographWaypoint Altitude 584 ft

O Tumbio e o castro da Matanza

Neste barrio, despois de cruzar o río pola ponte que substitúe a orixinal de lousas de pedra, sepárase a Calzada Real ao Porriño, que segue polos Arcos e Brandufe, do camiño da Nosa Señora do Norte. Fronte a este lugar, ao outro lado da estrada de Gondomar ao Porriño, nunha elevación anterior aos Casás, emprázase o que en tempos foi un castro, hoxe dificilmente recoñecible polas operacións de aplanado e adaptación a que foi sometido con fins agrícolas e pola moita vexetación incontrolada. Este, que se coñecía como Monte do Castro, viu como os veciños lle cambiaban o nome a consecuencia dos "paseados" que tras o alzamento de 1936 aí perderon a vida.

PictographWaypoint Altitude 587 ft

Muíños e ponte do Seixidal.

O atractivo conxunto arquitectónico formado por dous muíños e unha ponte de lousas de granito sobre cepas. Coa construción da nova vía cortouse a levada de alimentación ao curioso sistema de cubos dos muíños. Deles, o máis próximo á nova ponte foi de herdeiros; o outro de maquía. A ponte é de factura similar á próxima de Guisande e a de Entrerríos, na vila de Gondomar.

Comments

    You can or this trail