Activity

LISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS

Download

Trail photos

Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS

Author

Trail stats

Distance
15.88 mi
Elevation gain
1,778 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,778 ft
Max elevation
384 ft
TrailRank 
40
Min elevation
3 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 14 minutes
Coordinates
2026
Uploaded
September 18, 2012
Recorded
September 2012
Be the first to clap
Share

near Bairro Alto, Lisboa (Portugal)

Viewed 4044 times, downloaded 47 times

Trail photos

Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS Photo ofLISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS

Itinerary description

LISBOA HISTORICA EXPRESS POR DOUS GALEGOS

Percorrido netamente urbano polas rúas máis céntricas de Lisboa, concretamente polos barrios Alto, Chiado, Baixa,  Praza do Comercio, Alfama, Catedral da Sé, Castelo de San Jorge, centro moderno, con retorno ó punto de partida, no mirador de Santa Catarina. 

Realizado por dous galegos en bicicleta de montaña, dous consellos primordiais: 

1) Non se vos ocorra percorrer Lisboa en bicicleta de carreteira. Sería unha tolemia, non desde logo polas costiñas e os outeiros (hai que desmitificalos, non son para tanto, polo menos para nós adoitados á xeografía galaica) senón polo firme absolutamente desigual  de adoquís cheo de auténticos cabañóns, e o que é peor, polos carrís asasinos do tranvía, que traban as rodas finas e son unha auténtica trampa. Pola contra, os lisboetas non son un gran perigo en coche: o verdadeiro risco ven dos peóns, bastante menos respetuosos e cunha conducta algo improvisada ó invadir a calzada.

...E 2) Lembrádelle sempre os amables e orgullosos lusíadas que cando lles falamos en galego non balbuceamos "portuñol", senón que nos diriximos a eles na lingua nai que puideron adoptar e evolucionar gracias ás conquistas cara ó sul dos reis galaico-astures durante a reconquista....

Se facedes o percorrido en martes ou sábado, poderedes desfrutar -nas inmediacións do mosteiro de San Vicente de Fora- do mercado da Ladra (ladroa) un auténtico rastro con todo ó xénero imaxinable. 

Comezando polo mirador de Santa Catarina, cun encantador bar con terraza chill out con vistas á ponte do 25 de Abril é ó Cristó réplica do de Río de Xaneiro, a ruta descente á rúa Aurea, zona comercial é turística, para circunvalar pola praza do Comercio e pasar, do nivel do mar, nunha boa petadiña, ós 117 metros de altitude do castelo de San de Jorge, con vistas ás tres das sete  colinas que tamén conforman Lisboa. 

Logo desprazámonos ata o centro moderno, cunha boa circunvalación da Alameda de Afonso Henríquez, rei de orixe galo-galaica que, coa súa cobiza, escindiu o Condado de Portugal da coroa galega e deu orixe ó país irmán.  Na data do roteiro, Lucía e eu poidemos evocar á nosa Compostela na efervescente presencia de miles de universitarios sacando a pasear ós "calotos" no día das novatadas, no principio do curso. 

Á volta, retornamos por Restauradores ata ó barrio Alto, antes de desfrutar da merecida Super Bock con vistas ó mar da Palla, podendo constatar a fructífera saúde na capital portuguesa da ibérica costume do botellón, acentuada pola mencionada coincidencia co inicio do curso universitario luso. 

Desfrutádea. 

PD.- E non vos perdades a noite de Lisboa, é fascinante!!!

Comments

    You can or this trail