Activity

VOLTA A GALICIA

Download

Trail photos

Photo ofVOLTA A GALICIA Photo ofVOLTA A GALICIA Photo ofVOLTA A GALICIA

Author

Trail stats

Distance
1,132 mi
Elevation gain
104,186 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
104,186 ft
Max elevation
5,427 ft
TrailRank 
51
Min elevation
-4 ft
Trail type
Loop
Time
33 days one hour 4 minutes
Coordinates
28050
Uploaded
January 30, 2024
Recorded
September 2023

near Santiago de Compostela, Galicia (España)

Viewed 363 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofVOLTA A GALICIA Photo ofVOLTA A GALICIA Photo ofVOLTA A GALICIA

Itinerary description

VOLTA A GALICIA

Ruta pensada para darlle a volta a Galicia en bicicleta de estrada, cicloturista ou gravel.

O seu percorrido comeza e finaliza na capital, Santiago de Compostela, e vai no sentido contrario ás agullas do reloxo.

Este itinerario segue, por unha banda, toda a costa galega, e pola outra, os límites administrativos do interior de Galicia; o resultado é un épico track de máis de 1.800 quilómetros e 31.700 metros de desnivel.

A súa meirande parte percorre estradas, carrís bici e rúas pavimentadas, ou camiños rurais asfaltados.

Malia que había moitos anos que quería facer a volta a Galicia en bicicleta de montaña, ao final, decidín que era moito máis práctico ir ca bicicleta de estrada, xa que actualmente case todos os camiños que comunican unhas localidades con outras están asfaltados.

A época do ano máis recomendable para facer esta viaxe é o verán, polas condicións meteorolóxicas ideais que ofrece esta estación para a práctica do cicloturismo en Galicia: menos chuvia que o resto do ano e temperaturas temperadas.

No verán os días tamén son máis longos e pola noite non fai moito frío, cousa que permite aos máis aventureiros durmir de cámping ou ao raso.

Os que queiran descansar todas as noites nunha cama non terán moitos problemas para atopar albergue, habitación, fonda ou hotel, sempre que planifiquen cun mínimo de antelación as súas etapas.

Como o track comeza e remata en Santiago, e fai a volta enteira a Galicia, ao longo do seu percorrido vai cruzando moitos camiños de Santiago, nos que atoparemos albergues de peregrinos, públicos ou privados, onde poderemos descansar, e tamén coñecer e falar con xente do mundo enteiro.

Estes son os camiños de Santiago que esta ruta cruza, e que as veces segue nalgún treito, máis ou menos longo: o Camiño do Barbanza (A Orixe), o Camiño do Mar de Arousa, o Camiño Portugués da Costa, o Camiño Portugués do Interior, o Camiño Sanabrés, o Camiño de Inverno, o Camiño Francés, A Vía Künig, o Camiño Primitivo, o Camiño do Norte, o Camiño do Mar, o Camiño Inglés, e o Camiño de Fisterra - Muxía.

Se sodes moi fans do Camiño de Santiago, ca suma de todos os anacos deses camiños que habedes percorrer, máis os quilómetros que conectan uns cos outros, podedes facer o voso particular Camiño de Santiago ao redor de Galicia.

Hai poucos tramos deste itinerario nos que non existan posibilidades de aloxamento ou avituallamento, pero algúns poden resultar esixentes e obrigados, por percorrer zonas de montaña nas que sumamos moitos metros de desnivel acumulado en relativamente poucos quilómetros, ata que chegamos á próxima localidade na que poidamos atopar servizos.

Para que nos sexa posible planificar as etapas desta ruta segundo as nosas capacidades e motivacións, ao final deste texto atoparemos unha ligazón á descrición do seu percorrido e a un libro de ruta, coas quilometraxes e desniveis acumulados que hai entre as principais localidades polas que pasa o track.

Eu fixen esta pequena gran viaxe en bicicleta en 34 xornadas de “bikepacking”, en plan “slow”, parando algún día para visitar familiares, reparar a bicicleta, lavar a pouca roupa que levaba e descansar.

O track final que podedes descargar aquí é o resultado de conectar e corrixir eses 34 tracks orixinais. Suprimín case todos os rodeos que tiven que dar, para ir á procura de camiños alternativos, aloxamento ou comercios. O caso é que os 1.822 quilómetros e 31.756 metros de desnivel que ten este track, en realidade foron 2.104 quilómetros e 33.254 metros de desnivel positivo acumulado.

Sobre o track que preparei antes de saír da miña casa fun improvisando variantes máis ou menos longas, segundo o tránsito que levaban as estradas da costa, a existencia de carrís bici que non coñecía, ou as direccións das vías urbanas das localidades que tiña que cruzar.

Debo recoñecer que, as veces, tiven que facer algunha infracción e ir en dirección contraria, para non ter que dar grandes rodeos e poder seguir o camiño natural e lóxico, independentemente das sinais de tráfico que houbera. En calquera caso, estes tramos son case anecdóticos e non implican moito perigo, sempre que se circule amodo e se ceda o paso aos outros vehículos que veñan de cara, se teñen preferencia.

A miña intención foi evitar as estradas con moito tránsito, para crear un percorrido que resultase seguro, atractivo e variado, aínda que fora case sempre por asfalto.

O que teña moita présa sempre pode eludir os pequenos rodeos que fai o track para evitar o tránsito e seguir as estradas principais. O que vaia en bici de gravel poderá andar por camiños que non están asfaltados e acadar algúns lugares que paga a pena visitar, e aos que non puiden chegar cos pneumáticos que levaba montados na bici de estrada.

Dei a volta a Galicia na miña Specialized Allez, que merquei haberá xa 15 anos. Púxenlle xa daquela grupos de bicicleta de montaña, para poder ir de viaxe tranquilamente, cargado con toda a equipaxe necesaria sen problemas, incluso en pendentes marcadas e sostidas.

Na bici tamén levaba montados un pneumático de 28 na roda de diante e un de 25 na roda de detrás, e bolsas de bikepacking Topeak e Ortlieb, con roupa e calzado de reposto, un kit básico de cociña de cámping, saco de durmir, dúas colchonetas de cámping lixeiras, comida, ferramenta e recambios varios. A equipaxe pesaba tanto como a bicicleta, uns 10 quilos, máis ou menos.

Eu fixen esta ruta na miña bici de estrada porque é a que teño, pero si tedes unha de gravel, penso que para facer unha viaxe coma esta, vai mellor aínda, porque como vai cargada, e rodando as veces por asfalto en mal estado, a bici de estrada sufre moito.

Unha bici de gravel con pneumático estreito sería a mellor opción, xa que permite igualmente facer quilómetros dabondo e, se cadra, rodar por terreo que non estea asfaltado sen medo a unha picada nunha roda.

En calquera caso, nunha ruta coma esta, a bicicleta e o material son un factor esencial, pero moito máis importante aínda son a motivación e as ganas de pasalo ben rodando polo mundo adiante.

Eu fun solo, e paseino estupendamente, acompañado sempre das paisaxes marabillosas deste pequeno gran país que é Galicia. Ao longo da viaxe, tamén houbo momentos nos que atopei outros cicloturistas, camiñantes, turistas e paisanos cos que compartín etapas e conversas memorables.

Penso que eses momentos teñen moito máis valor que os quilómetros percorridos ou os metros de desnivel acumulado que fixen ao final do camiño, que, ao cabo, son máis nada cifras e letras...

Se queredes máis información sobre esta ruta, podédesme enviar unha mensaxe polo wikiloc, ou directamente un mail a xavitranscat@gmail.com



LIGAZÓN Á DESCRICIÓN DO PERCORRIDO E AO LIBRO DE RUTA:

https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

View more external

Waypoints

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofSANTIAGO DE COMPOSTELA (Km 0) Photo ofSANTIAGO DE COMPOSTELA (Km 0) Photo ofSANTIAGO DE COMPOSTELA (Km 0)

SANTIAGO DE COMPOSTELA (Km 0)

Santiago de Compostela é a capital da súa comarca e de toda Galicia. Esta cidade constitúe o quinto concello con máis poboación de todo o país e é famosa no mundo enteiro pola súa catedral e polos camiños de peregrinación que chegan a ela. En Santiago poderemos atopar bares, restaurantes, comercios, talleres de bicicleta, albergues e outras opcións de aloxamento, e estación de ferrocarril. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofNOIA (Km. 36) Photo ofNOIA (Km. 36) Photo ofNOIA (Km. 36)

NOIA (Km. 36)

A vila de Noia é a primeira localidade que atopamos no noso percorrido polas Rías Baixas, ao comezo desta Volta a Galicia. Capital da súa comarca, Noia é unha poboación que paga a pena visitar. Nela hai bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas e mais diversas opcións de aloxamento. https://www.noiaturismo.com/gl/inicio https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofCABO CORRUBEDO (Km. 75) Photo ofCABO CORRUBEDO (Km. 75) Photo ofCABO CORRUBEDO (Km. 75)

CABO CORRUBEDO (Km. 75)

O cabo Corrubedo, entre a ría de Muros e Noia e a ría de Arousa, é o punto máis occidental da península do Barbanza. Gran parte do litoral da súa contorna forma parte do espazo natural protexido “ZEC Complexo húmido de Corrubedo”. https://www.turismo.gal/que-facer/escenarios-ao-volante/25-rutas/mar-infinito/de-faro-de-corrubedo-ao-monte-enxa

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofRIANXO (Km. 142) Photo ofRIANXO (Km. 142) Photo ofRIANXO (Km. 142)

RIANXO (Km. 142)

A vila de Rianxo, na comarca do Barbanza, está na marxe dereita da ría de Arousa. En Rianxo podemos atopar bares, restaurantes, comercios, un cámping e outras opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofILLA DE AROUSA (Km. 180) Photo ofILLA DE AROUSA (Km. 180) Photo ofILLA DE AROUSA (Km. 180)

ILLA DE AROUSA (Km. 180)

A Illa de Arousa sitúase na parte central da ría de Arousa, na comarca do Salnés. Está conectada á península Ibérica por unha ponte de case dous quilómetros de longura. É a illa de Galicia que máis habitantes ten, e constitúe o único concello insular que existe en todo o país. Na illa de Arousa hai bares, restaurantes, comercios, cámpings e mais outras opcións de aloxamento.

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofO GROVE (Km. 223) Photo ofO GROVE (Km. 223) Photo ofO GROVE (Km. 223)

O GROVE (Km. 223)

O Grove é unha península que pertence á comarca do Salnés. Atópase entre a ría de Arousa e o océano Atlántico. No istmo que a une á terra firme atópase a praia da Lanzada. Desde O Grove pódese acceder por unha ponte á illa da Toxa. No Grove hai bares, restaurantes, comercios, cámpings, e outras opcións de aloxamento. https://www.turismogrove.es/ga/#sit https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofPONTEVEDRA (Km. 277) Photo ofPONTEVEDRA (Km. 277) Photo ofPONTEVEDRA (Km. 277)

PONTEVEDRA (Km. 277)

Pontevedra é a sexta cidade máis grande de Galicia, capital de comarca, de provincia, e das Rías Baixas. Hai bares e restaurantes, comercios, talleres de bicicleta, diversos albergues e outras opcións de aloxamento, e mais estación de ferrocarril. Paga a pena visitar o seu centro histórico. https://www.visit-pontevedra.com/gl/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofREDONDELA (Km. 356) Photo ofREDONDELA (Km. 356) Photo ofREDONDELA (Km. 356)

REDONDELA (Km. 356)

A vila de Redondela está na comarca de Vigo, na marxe esquerda da súa ría. En Redondela atoparemos bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas, albergues e outros tipos de aloxamento, e estación de ferrocarril. https://turismoredondela.es/gl/inicio-gal/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofVIGO (Km. 371) Photo ofVIGO (Km. 371) Photo ofVIGO (Km. 371)

VIGO (Km. 371)

Vigo é a cidade máis poboada de Galicia, ten gran importancia económica e hai moitas cousas interesantes que ver nela. En Vigo poderemos atopar toda clase de servizos. https://www.turismodevigo.org/gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofA GUARDA (Km. 429) Photo ofA GUARDA (Km. 429) Photo ofA GUARDA (Km. 429)

A GUARDA (Km. 429)

A Guarda, na comarca do Baixo Miño, é a derradeira localidade da costa galega antes de chegar á desembocadura do río Miño. Na vila da Guarda hai bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas, albergues e outras opcións de aloxamento. https://www.turismoaguarda.es/gl/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofTUI (Km. 467) Photo ofTUI (Km. 467) Photo ofTUI (Km. 467)

TUI (Km. 467)

A vila de Tui actualmente é a capital da comarca do Baixo Miño, pero noutrora tamén foi capital dunha das sete provincias que tiña Galicia daquela. Tui conforma unha eurocidade con Valença, que queda na outra marxe do río Miño e da Raia. En Tui podemos visitar o seu centro histórico e atopar bares, restaurantes, comercios, talleres de bicicleta, albergues e outras opcións de aloxamento, e mais estación de ferrocarril. https://tui.gal/gl/turismo https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofCASTRO LABOREIRO (Km. 539) Photo ofCASTRO LABOREIRO (Km. 539) Photo ofCASTRO LABOREIRO (Km. 539)

CASTRO LABOREIRO (Km. 539)

Castro Laboreiro pertence ao distrito portugués de Viana do Castelo, e queda dentro da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. No seu núcleo hai algún bar-restaurante, comercios e algunhas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofLOBIOS (Km. 563) Photo ofLOBIOS (Km. 563) Photo ofLOBIOS (Km. 563)

LOBIOS (Km. 563)

Lobios está na comarca da Baixa Limia, preto da fronteira con Portugal e do parque natural da Baixa Limia – Serra do Xurés. En Lobios podemos atopar bares, restaurantes, comercios e algunhas opcións de aloxamento. https://www.lobios.org/ga/turismo/parque-natural/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofVERÍN (Km. 645) Photo ofVERÍN (Km. 645) Photo ofVERÍN (Km. 645)

VERÍN (Km. 645)

A vila de Verín é a capital da súa comarca. Está situada no val de Monterrei, a carón da Raia, e actualmente forma parte da eurocidade Chaves – Verín. En Verín hai bares, restaurantes, comercios, talleres de bicicleta, albergue de peregrinos e mais diversas opcións de aloxamento. https://www.turismo.gal/que-visitar/xeodestinos/verin-monterrei https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofA GUDIÑA (Km. 681) Photo ofA GUDIÑA (Km. 681) Photo ofA GUDIÑA (Km. 681)

A GUDIÑA (Km. 681)

A Gudiña está na comarca de Viana, nos confíns dos límites administrativos autonómicos de Galicia, no seu extremo suroeste. Ao ser un lugar de paso, na Gudiña poderemos atopar gasolineira, bares e restaurantes, albergue de peregrinos e outras opcións de aloxamento, e mesmo estación do tren de alta velocidade. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofPORTO (Km. 723) Photo ofPORTO (Km. 723) Photo ofPORTO (Km. 723)

PORTO (Km. 723)

A vila de Porto, tamén coñecida coma Porto de Seabra, é un concello galegofalante que pertence á subcomarca das Portelas, na provincia de Zamora. Porto atópase entre o parque natural de Pena Trevinca e o parque natural do Lago de Seabra. En Porto hai bar, restaurante e albergue municipal. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofO BARCO DE VALDEORRAS (Km. 790) Photo ofO BARCO DE VALDEORRAS (Km. 790) Photo ofO BARCO DE VALDEORRAS (Km. 790)

O BARCO DE VALDEORRAS (Km. 790)

O Barco de Valdeorras é a capital da comarca de Valdeorras, e está no val do río Sil. No Barco podemos atopar bares, restaurantes, comercios, talleres de bicicleta, diversas opcións de aloxamento, e estación de ferrocarril. https://www.concellodobarco.gal/gl/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofSEOANE DO COUREL (Km.856) Photo ofSEOANE DO COUREL (Km.856) Photo ofSEOANE DO COUREL (Km.856)

SEOANE DO COUREL (Km.856)

Seoane do Courel pertence á comarca de Quiroga. Está situado na serra do Courel, unha zona protexida de gran valor ecolóxico. En Seoane poderemos atopar algún bar e restaurante, comercios, un cámping que queda indo para alí, e mais outras opcións de aloxamento, en Seoane mesmo. https://patrimonionatural.xunta.gal/gl/courel https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

Photo ofO CEBREIRO (Km. 883) Photo ofO CEBREIRO (Km. 883) Photo ofO CEBREIRO (Km. 883)

O CEBREIRO (Km. 883)

A aldea do Cebreiro atópase na comarca dos Ancares, e queda dentro da ZEC Ancares-Courel. Este lugar é famoso polo santuario de Santa María a Real, que da a benvida aos peregrinos que chegan a Galicia polo camiño Francés; por iso no Cebreiro hai diversos bares, restaurantes, comercios, albergues e algunha outra opción de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

Photo ofA CAMPA DE BRAÑA (1.181 msnm.) (Km. 919) Photo ofA CAMPA DE BRAÑA (1.181 msnm.) (Km. 919) Photo ofA CAMPA DE BRAÑA (1.181 msnm.) (Km. 919)

A CAMPA DE BRAÑA (1.181 msnm.) (Km. 919)

A Campa da Braña está na comarca dos Ancares, e queda dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Neste alto poderemos atopar un mesón-pensión e un hostal, que ofrecen servizo de bar e restaurante. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofPIORNEDO (Km. 937) Photo ofPIORNEDO (Km. 937) Photo ofPIORNEDO (Km. 937)

PIORNEDO (Km. 937)

Piornedo é unha aldea da comarca dos Ancares, e queda dentro da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. É coñecida polas súas típicas casas pallozas. En Piornedo hai algún bar e restaurante, e mais algunha opción de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

Photo ofPORTO DOS ANCARES (1.669 msnm). (Km. 948) Photo ofPORTO DOS ANCARES (1.669 msnm). (Km. 948) Photo ofPORTO DOS ANCARES (1.669 msnm). (Km. 948)

PORTO DOS ANCARES (1.669 msnm). (Km. 948)

O porto dos Ancares atópase na comarca dos Ancares, no límite ca do Bierzo. É o punto máis alto que acada o track desta Volta a Galicia (1.669 metros sobre o nivel do mar, segundo o rótulo que hai no cumio). Tamén posiblemente sexa o lugar máis alto de Galicia ao que se pode chegar cun vehículo por unha estrada asfaltada. Non hai servizo ningún, só unhas mesas de pícnic e un miradoiro, nas súas proximidades.

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofA PROBA DE NAVIA (Km. 982) Photo ofA PROBA DE NAVIA (Km. 982) Photo ofA PROBA DE NAVIA (Km. 982)

A PROBA DE NAVIA (Km. 982)

A Proba de Navia é a capital da comarca dos Ancares. Esta vila está situada no profundo val do río Navia, ten cousas que ver, e nela poderemos atopar bares, restaurantes, comercios, e diversas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofA FONSAGRADA (Km. 1.017) Photo ofA FONSAGRADA (Km. 1.017) Photo ofA FONSAGRADA (Km. 1.017)

A FONSAGRADA (Km. 1.017)

A Fonsagrada é a capital da súa comarca e é o concello máis extenso de toda Galicia. A Fonsagrada está nun alto, e nela hai bares, restaurantes, comercios, albergues de peregrinos e outras opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofA PONTENOVA (Km. 1.065) Photo ofA PONTENOVA (Km. 1.065) Photo ofA PONTENOVA (Km. 1.065)

A PONTENOVA (Km. 1.065)

A Pontenova está na ribeira do río Eo, e pertence á comarca da Mariña Oriental. Na Pontenova podemos atopar bares, restaurantes, comercios, e mais algunhas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofRIBADEO (Km. 1.098) Photo ofRIBADEO (Km. 1.098) Photo ofRIBADEO (Km. 1.098)

RIBADEO (Km. 1.098)

Ribadeo é a capital da Mariña Oriental. Situada na beira da súa ría, esta vila é a primeira localidade que atopamos no noso periplo polas Rías Altas. En Ribadeo hai bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas, estación de ferrocarril, albergues de peregrinos e outras opcións de aloxamento. https://turismo.ribadeo.org/portada.php?idioma=gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofPRAIA DAS CATEDRAIS (Km. 1.110) Photo ofPRAIA DAS CATEDRAIS (Km. 1.110) Photo ofPRAIA DAS CATEDRAIS (Km. 1.110)

PRAIA DAS CATEDRAIS (Km. 1.110)

A “praia das Catedrais” é o nome turístico do conxunto formado pola praia das Carricelas e mais a praia de Augas Santas. É considerada unha das praias máis fermosas do mundo, e por iso recibe milleiros de visitantes cada ano. Nas súas proximidades podemos atopar bares, restaurantes, as estacións de ferrocarril de Reinante e Esteiro, cámpings e mais outras opcións de aloxamento. https://patrimonionatural.xunta.gal/gl/praia-catedrais https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofFOZ (Km. 1.129) Photo ofFOZ (Km. 1.129) Photo ofFOZ (Km. 1.129)

FOZ (Km. 1.129)

Foz pertence á comarca da Mariña Central. A súa ría é unha zona natural protexida. Foz é unha localidade turística na que poderemos atopar bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas, estación de ferrocarril, cámping e outras opcións de aloxamento. http://www.concellodefoz.es/turismo.php https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofVIVEIRO (Km. 1.181) Photo ofVIVEIRO (Km. 1.181) Photo ofVIVEIRO (Km. 1.181)

VIVEIRO (Km. 1.181)

A cidade de Viveiro é a capital da Mariña Occidental. Está situada ao fondo da súa ría, ten cousas que visitar, e nela hai bares, restaurantes, comercios, taller de bicicletas, estación de ferrocarril e diversas opcións de aloxamento. https://www.viveiroturismo.gal/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofESTACA DE BARES (Km. 1.207) Photo ofESTACA DE BARES (Km. 1.207) Photo ofESTACA DE BARES (Km. 1.207)

ESTACA DE BARES (Km. 1.207)

A Estaca de Bares é un cabo que sinala a extremidade setentrional da península Ibérica e mais separa o mar Cantábrico do océano Atlántico. Está nunha zona de gran valor natural, pola que pasan moitas aves migratorias. https://www.turismo.gal/que-visitar/espazos-naturais/zonas-de-proteccion-e-lugares-de-interese/estaca-de-bares?langId=gl_ES

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofORTIGUEIRA (Km. 1.235) Photo ofORTIGUEIRA (Km. 1.235) Photo ofORTIGUEIRA (Km. 1.235)

ORTIGUEIRA (Km. 1.235)

Ortigueira é a poboación máis importante da comarca do Ortegal. Atópase no centro da súa ría, que é un espazo natural protexido. Na vila de Ortigueira podemos visitar o seu centro histórico e atopar bares, restaurantes, comercios, estación de ferrocarril e mais algunhas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofCARIÑO (Km. 1.254) Photo ofCARIÑO (Km. 1.254) Photo ofCARIÑO (Km. 1.254)

CARIÑO (Km. 1.254)

Cariño está na beira esquerda da ría de Ortigueira, baixo a serra da Capelada, na comarca do Ortegal. En Cariño hai bares, restaurantes, comercios e diversas opcións de aloxamento. https://www.visitacarino.gal/index/gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofCABO ORTEGAL (Km. 1.259) Photo ofCABO ORTEGAL (Km. 1.259) Photo ofCABO ORTEGAL (Km. 1.259)

CABO ORTEGAL (Km. 1.259)

O cabo Ortegal sinala o inicio da Costa Ártabra. Este é o segundo cabo da península Ibérica que está máis ao norte, tras Estaca de Bares, que queda diante, á outra banda da ría de Ortigueira. O cabo Ortegal é unha zona protexida de interese natural, pola que pasan moitas aves migratorias. A rocha que o forma é a máis vella da península Ibérica e a cuarta máis antiga do mundo, xa que ten máis de mil millóns de anos de existencia.

Photo ofSANTO ANDRÉ DE TEIXIDO (Km. 1.278) Photo ofSANTO ANDRÉ DE TEIXIDO (Km. 1.278) Photo ofSANTO ANDRÉ DE TEIXIDO (Km. 1.278)

SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO (Km. 1.278)

Santo André de Teixido pertence ao concello de Cedeira, na comarca de Ferrol. Este santuario e a aldea no que se atopa quedan na serra da Capelada, na vertente que mira cara ao mar, e son unha visita obrigatoria na nosa Volta a Galicia, polo de que “A Santo André de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo”. En Santo André podemos atopar bares e restaurantes, e tamén algún comercio e algunha opción de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofCEDEIRA (Km. 1.292) Photo ofCEDEIRA (Km. 1.292) Photo ofCEDEIRA (Km. 1.292)

CEDEIRA (Km. 1.292)

Cedeira está na comarca de Ferrol, ao pe da serra da Capelada e na beira da ría de Cedeira. Nesta vila hai bares, restaurantes, comercios e diversas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofCABO PRIOR (Km. 1.341) Photo ofCABO PRIOR (Km. 1.341) Photo ofCABO PRIOR (Km. 1.341)

CABO PRIOR (Km. 1.341)

O Cabo Prior é outro lugar que paga a pena visitar no noso percorrido pola Costa Ártabra, por atoparse nunha área protexida de interese natural, cunha paisaxe de gran beleza. No cabo mesmo non hai servizo ningún, só un faro e instalacións militares en ruínas.

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofFERROL (Km. 1.363) Photo ofFERROL (Km. 1.363) Photo ofFERROL (Km. 1.363)

FERROL (Km. 1.363)

Ferrol é a capital da súa comarca e da que é a terceira aglomeración urbana de Galicia. O track cruza parte do seu centro histórico, que paga a pena visitar. Nesta cidade poderemos atopar bares, restaurantes, todo tipo de comercios, talleres de bicicleta, estación de ferrocarril, e tamén albergues de peregrinos e mais outras opcións de aloxamento. https://visitferrol.com/?lang=gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofMUGARDOS (Km. 1.386) Photo ofMUGARDOS (Km. 1.386) Photo ofMUGARDOS (Km. 1.386)

MUGARDOS (Km. 1.386)

Mugardos pertence á comarca de Ferrol, e está na marxe esquerda da súa ría. En Mugardos hai bares, restaurantes, comercios, algunha opción de aloxamento e lanchas que cruzan a Ferrol. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofPONTEDEUME (Km. 1.404) Photo ofPONTEDEUME (Km. 1.404) Photo ofPONTEDEUME (Km. 1.404)

PONTEDEUME (Km. 1.404)

Pontedeume está na comarca do Eume, no fondo da ría de Ares. Paga a pena visitar o seu centro histórico. Nesta vila atoparemos bares, restaurantes, comercios, albergue de peregrinos e outras opcións de aloxamento. https://www.pontedeume.gal/descobre-pontedeume/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofMERA (Km. 1.442) Photo ofMERA (Km. 1.442) Photo ofMERA (Km. 1.442)

MERA (Km. 1.442)

Mera atópase na ría da Coruña e pertence á súa comarca. Dende o seu faro pódese contemplar unha boa panorámica da cidade da Coruña. En Mera hai bares, restaurantes, comercios e mais algunha opción de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographTrain stop Altitude 0 ft
Photo ofA CORUÑA (Km. 1.460) Photo ofA CORUÑA (Km. 1.460) Photo ofA CORUÑA (Km. 1.460)

A CORUÑA (Km. 1.460)

A Coruña é a segunda cidade de Galicia en número de habitantes e é a que ten máis habitantes por quilómetro cadrado. A Coruña é capital de comarca e de provincia, e hai moitas cousas que ver nela. Na Coruña poderemos atopar bares e restaurantes, comercios de todo tipo, talleres de bicicleta, estación de ferrocarril, albergues e outras opcións de aloxamento. https://www.visitcoruna.com/turismo/es https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofMALPICA DE BERGANTIÑOS (Km. 1.527) Photo ofMALPICA DE BERGANTIÑOS (Km. 1.527) Photo ofMALPICA DE BERGANTIÑOS (Km. 1.527)

MALPICA DE BERGANTIÑOS (Km. 1.527)

Malpica de Bergantiños está, como o seu nome indica, na comarca de Bergantiños. Nesta vila da Costa da Morte hai bares, restaurantes, comercios e diversas opcións de aloxamento. https://www.concellomalpica.com/turismo/gl/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofCAMELLE (Km. 1.575) Photo ofCAMELLE (Km. 1.575) Photo ofCAMELLE (Km. 1.575)

CAMELLE (Km. 1.575)

Camelle pertence á comarca da Terra de Soneira, e atópase no corazón da Costa da Morte. En Camelle hai bares e restaurantes, comercios, e mais algunhas opcións de aloxamento. https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofCAMARIÑAS (Km. 1.591) Photo ofCAMARIÑAS (Km. 1.591) Photo ofCAMARIÑAS (Km. 1.591)

CAMARIÑAS (Km. 1.591)

Camariñas está na comarca da Terra de Soneira, e sitúase na beira norte da súa ría, que ocupa a parte central da Costa da Morte. En Camariñas podemos atopar bares e restaurantes, comercios, e diversas opcións de aloxamento. https://turismocamarinas.net/?lang=gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofCABO VILAN (Km. 1.596) Photo ofCABO VILAN (Km. 1.596) Photo ofCABO VILAN (Km. 1.596)

CABO VILAN (Km. 1.596)

O Cabo Vilán é outro punto de paso obrigado no noso percorrido pola Costa da Morte, por ser un lugar de gran beleza e tamén por ser o escenario de diversas traxedias marítimas, que lle deron a súa funesta fama. Estimase que o número de naufraxios ocorridos neste litoral supera o total do resto das costas de toda a península Ibérica.

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofMUXÍA (Km. 1.624) Photo ofMUXÍA (Km. 1.624) Photo ofMUXÍA (Km. 1.624)

MUXÍA (Km. 1.624)

Muxía atópase na comarca de Fisterra, na Costa da Morte, e pecha polo sur a ría de Camariñas. Nesta vila hai bares e restaurantes, comercios, albergues de peregrinos e mais outras opcións de aloxamento. https://concellomuxia.com/turismo/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofFISTERRA (Km. 1.672) Photo ofFISTERRA (Km. 1.672) Photo ofFISTERRA (Km. 1.672)

FISTERRA (Km. 1.672)

A vila de Fisterra está na comarca do mesmo nome e pertence á Costa da Morte. A extremidade da península na que se sitúa forma o mítico cabo Fisterra. Poderemos atopar bares, restaurantes, comercios e albergues de peregrinos, entre outras opcións de aloxamento. https://concellofisterra.gal/turismo/municipio_turistico_galego/gl https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographPanorama Altitude 0 ft
Photo ofCABO FISTERRA (Km. 1.675) Photo ofCABO FISTERRA (Km. 1.675) Photo ofCABO FISTERRA (Km. 1.675)

CABO FISTERRA (Km. 1.675)

O cabo Fisterra foi considerado na antigüidade como o cabo da fin do mundo, por iso os romanos chamáronlle “finis terrae”. Neste mítico paraxe podemos gozar dunha extensa panorámica do océano Atlántico e destas terras da Costa da Morte. Tamén poderemos atopar, entre outros monumentos, unha mouteira que sinala o quilómetro cero do Camiño de Santiago. Preto do faro, hai un hotel restaurante que ofrece servizo de bar. https://www.turismo.gal/que-visitar/destacados/cabo-fisterra

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofMUROS (Km. 1.746) Photo ofMUROS (Km. 1.746) Photo ofMUROS (Km. 1.746)

MUROS (Km. 1.746)

Muros é a capital da súa comarca, e sitúase na beira norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das Rías Baixas. Na vila de Muros podemos atopar bares e restaurantes, comercios, taller de bicicletas e diversas opcións de aloxamento. http://murosturismo.gal/ https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

PictographProvisioning Altitude 0 ft
Photo ofNEGREIRA (Km. 1.799) Photo ofNEGREIRA (Km. 1.799) Photo ofNEGREIRA (Km. 1.799)

NEGREIRA (Km. 1.799)

Negreira é a capital da comarca da Barcala. Esta vila é a derradeira poboación de relativa importancia pola que pasa esta Volta a Galicia denantes de rematar o seu percorrido en Santiago de Compostela. En Negreira hai bares e restaurantes, comercios, taller de bicicletas e diversos albergues de peregrinos, entre outras opcións de aloxamento. https://concellodenegreira.gal/index.php/gl/turismo/presentacion https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

Comments  (3)

  • Photo of marcilla_co
    marcilla_co May 6, 2024

    Hola
    Me encanta la ruta que has hecho. Sabrías decirme cuantos km son aproximadamente el recorrido solo por la cota desde Ribadeo hasta Tui? La ruta es todo por carretera o se mete por pistas de tierra?

  • Photo of XaviXTC
    XaviXTC May 9, 2024

    Hola, marcilla_co, gracias!! Calcula que, siguiendo esta ruta, desde Ribadeo hasta A Guarda, el recorrido son unos 1.100 de costa. Hasta Tui hay unos 38 kilómetros más. Casi todo el track va por carretera, carril bici y caminos rurales asfaltados. Puedes acceder a una descripción bastante detallada del recorrido a través del link https://docs.google.com/document/d/17QCWao6DkONRw8nc9f3PBUrv5rwcZmhyog0Gp0sQaK4/edit?usp=sharing

    Salud y pedales!!

  • Photo of marcilla_co
    marcilla_co May 9, 2024

    Vale. Muchísimas gracias por la información👏🏻👏🏻👏🏻

You can or this trail